O Mundo Disco toma forma na realidade

0
198

Terry PratchettAs novelas de Terry Pratchett non só serviron de inspiración a moitos escritores e fans de todo o mundo, senón que tamén son agora fonte de novos nomes para as rúas dunha vila en Inglaterra. Pratchett ven de visitar a nova urbanización de Wincanton en Somerset para descubrir as placas cos nomes de rúas coma Peach Pie Street ou Treacle Mine Road, e foi saudado por centos de fans, moitos deles vestidos con disfraces de persoaxes das súas obras.

Coido que é unha ideia encantadora, ainda que me sinta un pouco abraiado ao pensar que os meus libros se achegan un pouco á realidade“, dixo Pratchett. “E son nomes bonitos, ainda que estea mal o dici-lo eu mesmo. Persoalmente, pagaría unha boa suma de cartos por vivir nun lugar chamado Treacle Mine Road“.

Wincanton converteu-se en cidade irmá de Ankh-Morpork en 2002, o que a fai ser a primeira cidade de Inglaterra que se irmana cun lugar fictício. Richard Goad, director rexional de vendas e director de márketing, dixo: “Cos vencellos ben establecidos entre Wicanton e Ankh-Morpork, semellaba axeitado poñer ás nosas rúas os nomes de lugares do Mundo Disco“.

Pratchett vendeu máis de 55 millóns de cópias dos seus libros en todo o mundo e as súas obras foron xa traducidas a 33 línguas.