Gore Verbinski en BioShock

0
184

Gore VerbinskyO director de Piratas do Caribe, Gore Verbinski, non será o encargado de realizar a cuarta entrega desta saga e en cámbio dirixirá BioShock, a adaptación que a Universal Pictures pretende facer do popular videoxogo do mesmo nome, e que xa conta cun guión de John Logan.

Ainda así, Verbinski traballará co protagonista de Piratas do Caribe, Johnny Depp, xa que ven de dirixir Rango, un filme de debuxos animados creados con computador para a Paramount Pictures, e no que Depp porá a voz do persoaxe protagonista. O mesmo Logan escribiu o guión do filme, baseado nunha ideia orixinal de Verbinski. A Paramount pretende estrear a longametraxe para marzo de 2011.

A produtora de Verbinski, a Blind Wink Productions, ten na axenda outros filmes que podería desenvolver o mesmo director, entre os que se inclúen Clue, un filme de mistério baseado no popular xogo de mesa da Hasbro, e mais un drama baseado nun artigo que publicou o Wall Street Journal sobre o mundo dos xogos de rol fantásticos e os seus supostos efectos maléficos para as vidas dos xogadores. Steven Knight está a escribir o guión desta película.