Elisabeth Shue contra as pirañas

0
157

Elisabeth ShueVen de se confirmar o rumor de que a guapa actriz Elisabeth Shue será a protagonista do vindeiro filme de Alex Aja, o remake do clásico Piranha.

Shue interpretará o papel da sheriff Julie Forester, a figura que se fai cargo dos problemas que acontecen na comunidade de Lake Victoria, onde ten lugar a acción deste filme. Ela é a nai de Jake (outros dos persoaxes principais deste filme, un tímido adolescente que deberá probar o seu valor cando as feroces pirañas comecen a comer carne humana, ameazando á súa família e aos seus amigos), Laura e Zane.

Shue, de 45 anos, é unha das actrices máis recoñecidas de Hollywood, e entre os seus papéis no cinema fantástico cabe citar O Home Invisíbel, City of Angels e Regreso ao Futuro.