Outra adaptación de Dune

0
214

Unha imaxe do videoxogoPeter Berg foi contratado para dirixir outra nova adaptación á pantalla grande da clásica novela de ciéncia-ficción de Frank Herbert Dune, esta vez para a Paramount Pictures.

Kevin Misher, que leva un ano de negociacións para se facer cos dereitos sobre o libro, será o produtor.

A novela de Herbert de 1965 é un conto futurista sobre un remoto planeta desértico chamado Arrakis, que é o centro produtor dunha poderosa droga chamada melange, que causa a inmortalidade e facilita as viaxes interestelares. O libro, un clásico inesquecíbel para calquera fan da ciéncia-ficción, é o primeiro dunha saga e xa foi convertido en filme por David Lynch en 1984, así coma nunha minisérie para a canle de televisión SCI FI Channel en 2000 e tamén convertido en videoxogo en várias ocasións.

O Dune de Peter Berg está á procura de guionista, xa que os produtores desexan que esta sexa unha adaptación fiel ao libro, que no seu día gañou os prémios Hugo e Nebula.

Richard Rubenstein, da produtora New Amsterdam, que xa se encargou da série de TV e dunha secuela, Children of Dune, será quen fináncie este proxecto xunto con Sarah Aubrey de Film 44, o selo persoal de Berg. John Harrison e Mike Messina serán os produtores executivos.