Alex Tse adaptará Battling Boy

0
238

Battling BoyOco-guionista de Watchmen Alex Tse será o encargado de adaptar a novela gráfica de argumento sobrenatural Battling Boy para a produtora Plan B e para os estudos Paramount Pictures.

A Plan B, a produtora da que é propietário Brad Pitt, mercou os dereitos sobre esta novela gráfica escrita e ilustrada por Paul Pope no pasado mes de novembro. O seu argumento vai sobre o fillo dun deus que baixa dunha montaña a petición de seu pai para librar á xigantesca cidade-continente de Monstropolis dunha plaga de bestas.

First Second Books publicará este cómic esta mesma primavera.

Tse ten ademáis outros dous proxectos entre mans para a Warner Brothers: unha adaptación con acción real de Ninja Scroll que está en desenvolvemento pola Appian Way e mais The Illustrated Man, outra adaptación das histórias de Ray Bradbury, que está a desenvolver o director de Watchmen, Zack Snyder. Tse ademais está a traballar no guión de Frankie Machine, que Michael Mann dirixirá para a Paramount.