De lobishome a vampiro

0
154

Michael SheenMichael Sheen, que interpretou a un lobishome nos filmes da saga de Underworld, mudará agora o seu papel polo dun vampiro no filme New Moon, a secuela de Twilight.

Sheen interpretará a Aro, o líder do clan italiano de vampiros coñecido coma os Volturi, e entre cuxos membros está tamén Dakota Fanning.

O director Chris Weitz confirmou a entrada de Sheen no filme á prensa e dixo que viña perseguindo “agresivamente” a incorporación do actor. Describiu o persoaxe coma o xefe de todos os vampiros, moi grazoso e amigábel, pero unha ameaza letal para todos eles.

Sheen úne-se asemade a un reparto no que xa figuran Kristen Stewart, Robert Pattinson, Taylor Lautner, Fanning, Nikki Reed, Chaske Spencer, Bronson Pelletier, Alex Meraz, Kiowa Gordon, Tyson Houseman e Jamie Campbell-Bower.

New Moon, baseada na segunda novela da saga vampírica de Stephenie Meyer, está xa en produción e ten prevista a estrea para o 20 de novembro deste ano.