A Chamada do Mar

0
158

Leonor VarelaLeonor Varela confirmou á prensa que ela será a protagonista e produtora de Caleuche: El Llamado del Mar, un filme fantástico inspirado nun mito orixinal do seu país natal, Chile.

A Chamada do Mar é un filme que estou a producir en Chile“, dixo a actriz (a quen puidemos ver en Blade II) nunha entrevista mentres promocionaba en New York o seu último proxecto, o filme de ciéncia-ficción independente Sleep Dealer. “Levamos traballando nisto dende hai moito tempo, e será o filme de maior orzamento xamais realizado até a data en Chile. É un filme fantástico baseado nunha lenda. Algo semellante ao Labirinto de Pan: collimos un mito do sul de Chile e fixemos del unha película“.

Varela engadiu que “a premisa é que hai un barco pantasma chamado Caleuche, que ninguén pode pronunciar, así que non estará no título! Este buque é un barco español que chega e logo desaparece. Os pescadores fan tratos con el, cando necesitan mais peixes, se queren casar, amor, o que sexa, fan un pacto e entregan a súa alma a este barco pantasma. O meu persoaxe regresa á illa onde viviu o seu avó, e alí descubre quen é ela e debe descifrar o mistério que hai ao seu redor“.

A Chamada do Mar será dirixido e escrito por Jorge Olguin (Solos). Varela, que fai o seu debut como produtora con este filme, salientou que é un desafío facer dous traballos á vez. “Ouh, Deus, é moito choio!“, dixo. “Non podo nin explica-lo. É un xogo completamente diferente. Polo de agora temos rodado un tráiler. Ainda non completamos a produción totalmente, esperamos que será este ano“.