A filtración de Lobeto, beneficiosa

0
159

LobetoA filtración da cópia ilegal do filme X-Men Origins: Wolverine que se produciu hai un par de semanas seica non fixo moito dano aos intereses comerciais desta película, segundo veñen de confirmar várias fontes da indústria do cinema. Un informe de seguimento que contén estatísticas dos consumidores amosa un forte efecto de “eu quero ver” para o filme, que nestes intres sería a primeira elección para os rapaces e para os homes por riba dos 32 anos.

O informe amosa asemade que eses dous sementos demográficos son a chave para que calquera filme se converta nun éxito nos despachos de billetes e en especial cando se trata dun filme de superheroes coma este que conta con Lobeto como estrela principal.

A cópia filtrada ilegalmente na Rede non ocasionou polo tanto, e como era de agardar (contráriamente ao que adoita dicir a indústria) ningún dano económico, senón que serviu de incentivo e mesmo de publicidade gratuita para que os espectadores puidesen saber de antemán se o filme pagaba a pena ou non. Os efectos catastróficos prognosticados polas empresas de xestión de dereitos de autor ficaron, polo tanto, en nada.