A Cartoon Network pretende traer a lenda do rei Artur ao século XXI cun novo filme de acción real que producirá o presidente da sección de cinema da Lionsgate Alli Shearmur.
Escrito por Travis Wright (Eagle Eye), o proxecto, que polo de agora leva o nome de Reborn (Renacido), está inspirado na lenda de Merlín, e segundo se comenta, será unha narración moderna da história do rei Artur, cosseus persoaxes arquetípicos trasladados ao presente.
A antiga produtora executiva da Paramount e mais da Universal Allie Shearmur desenvolveu a ideia xunto a Wright antes de que ela se unise á Lionsgate en agosto. Os dous serán agora produtores executivos desta longametraxe, que fará a canle televisiva Cartoon como parte do seu novo esforzo por pasar-se ao cinema con acción real.