Pushing Daisies: haberá cómic de continuación

0
216

Pushing DaisiesBryan Fuller está decidido a que a série Pushing Daisies non conclua após do seu periplo televisivo, onde foi cancelada antes de tempo. Por iso, puxo-se xa en contacto con debuxantes e guionistas e tamén con editoriais especializadas para lanzar, antes de que remate 2009, o cómic baseado na série.

O principal atranco agora mesmo é que é Warner Bros quen ten os dereitos da série e a Marvel quen quere publica-la. Tendo en conta que a Warner é proprietária da DC, a principal competidora da Marvel no mercado mundial do cómic, Fuller ainda ten que resolver ese problema.

Pese a todo, o creador de Pushing Daisies é optimista: “Estou a reunir á equipa de guionistas. Crearemos un arco argumental para uns cantos números e ademais trataremos de que sexa accesíbel para quen non estean familiarizados coa série e introduciremos antagonistas que non chegaron a entrar na emisión da ABC“.

Para ilustrar o guión, Fuller pensou en Tim Sale, afamado debuxante de cómics e responsábel das pinturas de Isaac na primeira temporada de Heroes: “É un bó tipo e teño moi boas relacións con el, así que desexo que poida traballar connosco. A sua maneira de debuxar é moi particular e ten un interesante ponto de vista, especialmente o que lle deu a O longo Halloween (a série de Batman na que Sai debuxou os guións de Jeph Loeb). Ese cómic foi unha mistura perfeita entre guionista e debuxante, encantaria-me facer algo asi“.

Fuller espera que a série poida comezar no seu novo formato no próximo outono.