O creador do filme Hostel, Eli Roth, ven de revelar que está a desenvolver unha nova película épica de ciéncia-ficción.
“Xa case rematei o meu guión“, dixo Roth á prensa. “Xa o tiña case rematado antes de Inglourious Basterds [o filme de Quentin Tarantino no que el ten un papel], pero tiven que aparca-lo e estivo ben afastarme del durante un tempo, pero vouno rematar e escomezarei a rodaxe este outono“.
Roth non dixo moito sobre o filme, nin sequera o seu título. “Non quero desvelar o título aínda, porque quero estar seguro del ao cen por cen, pero vai ser algo realmente divertido, cunha chea de destrución en masa“, dixo. “Quería facer algo nas liñas de Transformers ou Cloverfield pero con mais ciéncia-fiicción, e cunha chea de caos e destrución masiva“.
Roth admitiu unha cousa: terá un monstro. “Non quero dicir que monstro é ainda“, dixo. “Unha vez estea feito, deixarei que todo o mundo o saiba. Non son áliens nin robot nin un virus, é algo un pouco mais terreal. Pero cando a xente o escoite, vai ser algo coma ‘Vai ser unha loucura!’“.
Ainda non se sabe se este filme será a adaptación da novela de Stephen King Cell, á que Roth estivo vencellado hai tempo antes de que deixa-se os seus plans para facer Hostel: Part II.