Os incidentes de Nye

0
203

Os incidentes NyeA Dark Castle ven de se facer cos dereitos cinematográficos sobre a novela gráfica da editorial Devil’s Due The Nye Incidents, escrita polo novelista magufo de ciéncia-ficción e cazador de mistérios Whitley Strieber. Todd Lincoln será o director deste filme.

Inspirada segundo o seu autor en supostos feitos reais, o cómic vai sobre un médico forense que vai á caza dun asasino de xente que foi abducida polos extra-terrestres. Ainda non hai ningún guionista vencellado a este proxecto.

Strieber é coñecido entre os fans do fantástico polas súas novelas The Wolfen e The Hunger, que foron adaptadas ao cinema nos anos 80, e sobre todo polo seu libro de abduccións Communion, que segundo el, non é unha obra de ficción senón que é real.