Senderrol: sendeirismo e Rol da man

0
338

SenderrolO xogo de rol inspirado no Señor dos Aneis Senderrol é unha proposta para disfrutar do lecer en contacto coa naturaleza e de un modo totalmente innovador. O xove afeccionado ao sendeirismo Marcos Franco ven de poñer en marcha este proxecto que pretende enganchar a todos os amantes da aventura. A ruta arrinca en Conxo, preto de Santiago, segue na parróquia de Laraño e remata no monte Curuxeira, superando os seis kilómetros.

Unha vez no punto de partida, a través do teléfone móbil recíben-se as indicacións correspondentes. Coa axuda da topoguía, os xogadores poden emprender a procura das pistas que lle permitirán atopar un tesouro. No percorrido os participantes deberán descifrar un enigma, reconstruíndo a história cos obxectos estratéxicamente repartidos polo espazo elixido. “Todo isto naceu de xeito espontáneo“, dixo Marcos Franco nunha entrevista ao xornal El Correo Gallego. “O que quería era crear unha ruta de sendeirismo interactiva e vivir unha história que se convirtise nunha misión“.

O xogo apóia-se nunha Web que inclúe todas as indicacións necesárias. Poden apuntar-se grupos de tres persoas coma mínimo. A tarifa non supera os doce euros.

Ainda que a de Compostela é a primeira ruta que lanza Senderrol, o promotor da iniciativa non desbota ampliar o mapa de xogos a outras cidades galegas e españolas.

Ambientado na novela de J.R.R. Tolkien, La Ruta del Anillo é o primeiro xogo de Senderrol que promove Franco. A experiéncia está aberta a todos os públicos e o percorrido póde-se realizar calquera día do ano e a calquera hora. O tour dura aproximadamente tres horas e varía segundo a destreza dos xogadores. Coa axuda da topoguía, un documento que inclúe un mapa e mais as instrucións para a aventura, todo é máis doado.