Remake do clásico Videodrome

0
223

VideodromeA Universal Pictures fará o remake do thriller dirixido por David Cronenberg en 1983 Videodrome, con Ehren Kruger (Scream 3) disposto a escribir o guión e a producir xunto ao seu parceiro Daniel Bobker (Os irmáns Grimm).

O Videodrome orixinal estaba protagonizado por James Woods no papel do xefe da canle de televisión Civic TV, un tipo que acadaba éxito para a súa emisora grazas ao programa Videodrome, unha série que representaba escenas de tortura e asasinato que deixaban paralisados aos espectadores. O novo filme tentará modernizar o concepto, incluíndo algo de nanotecnoloxía e convertíndoo nun thriller de ciéncia-ficción de grande orzamento.

Os produtores localizaron os dereitos de distribución que estaban nas mans do veterán canadiano Rene Malo, e que agora será o produtor executivo. A Universal distribuiu o orixinal e nun primeiro intre atopou-se coa negativa de facer un remake, pero os estudos insistiron e tentarán tirar proveito desta oportunidade.

Cronenberg non está vencellado ao proxecto polo de agora.