Joseph Gordon-Levitt ven de chegar a bordo do proxecto de Christopher Nolan sobre o filme de acción e ciéncia-ficción Inception que se rodará para a Warner Brothers, uníndo-se asemade ao protagonista Leonardo DiCaprio.
A história, que ainda é un segredo total, foi escrita polo mesmo Nolan, e polo de agora o único que se sabe é que ten algo que ver coa “arquitectura da mente”.
Gordon-Levitt sería segundo todos os rumores o encargado de facer o papel que deixou libre James Franco, quen tivo que se retirar por mor de problemas de axenda. O papel é o dun sócio ou amigo do persoaxe de DiCaprio, que é un executivo xefe dalgunha empresa.
Marion Cotillard xa está dentro do proxecto, e interpretará á muller de DiCaprio, mentres que Ellen Page interpreta a unha estudante que axuda a DiCaprio. Cillian Murphy tamén está no reparto.
Nolan e mais os estudos desexan escomezar a rodaxe este verán e ter rematada a película para a súa estrea nos cinemas en 2010.
A Gordon-Levitt poderémo-lo ver no papel do malvado Cobra Commander no filme da Paramount G. I. Joe: The Rise of Cobra, que se estrea o vindeiro 7 de agosto nos Estados Unidos.