De Tiburón a Piraña

0
151

Richard DreyfussRichard Dreyfuss, que case se converteu en comida para tiburóns no mítico filme de Steven Spielberg de 1975 Jaws (Tiburón, na súa versión española), terá unha nova oportunidade de ser pasto dos peixes como membro do reparto de Piranha 3D, o remake que o director francés Alexandre Aja está a facer do orixinal de Joe Dante de 1978.

A rodaxe do filme escomezará axiña en Arizona e Dreyfuss úne-se a un elenco de actores no que xa podemos atopar a Adam Scott, Ving Rhames e Elisabeth Shue.