O Final da Eternidade

0
221

The End of EternityKevin Macdonald ven de pechar un acordo coa New Regency para desenvolver e dirixir o filme The End of Eternity, baseado na novela homónima de ciéncia-ficción de Isaac Asimov publicada en 1966. Vince Gerardis estará na produción.

A narración futurista vai sobre unha clase dominante chamada Eternidade, cuxos membros poden manipular o tempo e alterar a história.

O director atópa-se arestora perdido noutro recuncho da história, concretamente no século II, xa que está a rodar Eagle of the Ninth, un drama militar cunha lexión romana de por médio.