Amanda Peet, ás Viaxes de Gulliver

0
185

Amanda PeetAmanda Peet ven de se unir ao reparto de actores que interpretarán o vindeiro filme da Fox Gulliver’s Travels, e que protagonizará o cómico Jack Black.

O filme, do que xa vos temos informado longamente nestas páxinas, está baseado no clásico As Viaxes de Gulliver de Jonathan Swift, e tamén está protagonizado por Jason Segel e Emily Blunt. O co-director de Monstros contra Aliens Rob Letterman dirixirá o filme, que conta cun guión de Nicholas Stoller e Joe Stillman.

A narración moderna desta história vai sobre o escritor de viaxes Lemuel Gulliver, a quen lle asignan unha misión no triángulo das Bermudas, onde desaparece e atopa a illa secreta de Lilliput, o fogar dunha xente pequena pero moi traballadora. Peet fará o papel da editora e posíbel namorada de Black. O proxecto escomezou xa a se rodar o mes pasado.

A Peet puidemos ve-la recentemente en The X-Files: I Want to Believe e axiña aparecerá no thriller apocalíptico de Roland Emmerich 2012, que será estreado o 13 de novembro.