Bioshock fica detido

0
196

BioshockA Universal Pictures ven de lle poñer freo ao proxecto de Bioshock, o filme de Gore Verbinski que pretende adaptar con actores de carne e óso o videoxogo da Take-Two Interactive, ún dos máis vendidos da história.

O filme estaba xa en preprodución, pero os estudos detiveron o proceso e permitiron á equipa ir a facer outros traballos mentres tanto, xa que o orzamento ameazaba con se disparar mesmo a estas alturas tan iniciais, polo que a Universal pediu a Verbinski que mire de contar con menos cartos dos previstos.

O filme, que conta cun guión de John Logan, estaba por se rodar en Los Angeles, pero seica iso disparaba o orzamento até os 160 millóns de dólares. A Universal e mais Verbinski están á procura de alternativas, coma por exemplo rodar en Londres, coma xeito de baixar un pouco os custes.

A Universal pediu-nos mudar o filme fóra dos Estados Unidos para podermos aproveitar as rebaixas fiscaisque dan noutros países“, dixo Verbinski. “Estamos a evaluar se isto é algo que queiramos facer ou non. E mentres tanto, o filme está detido“.

A história ten lugar na cidade submariña de Rapture, onde un piloto se estrela e atopa a entrada secreta. Alí se verá envolto nunha loita de poderes.

Verbinski e mais os seus colaboradores din que están dispostos a rematar o filme. De feito, Verbinski (que ven de rematar a rodaxe do filme de debuxos animados da Paramount Rango) renunciou a dirixir a cuarta entrega de Piratas do Caribe para poder-se adicar a Bioshock e poder produci-la co seu selo Blind Wink.

Todas as partes implicadas xuran que Bioshock non se converterá noutro Halo, o filme baseado no popular videoxogo da Microsoft, tantas veces anunciado e que tantos queren facer, pero que está detido por mor dun orzamento que non poden aceptar nin na Universal nin na Fox.