A espera foi longa pero ao cabo todo chega. Tintín, ún dos persoaxes de cómic más carismáticos, cativadores e aglutinador de todo tipo de xeracións chegará á pantalla en carne e óso da man dos prestixiosos directores Steven Spielberg e Peter Jackson. Encarnará-o un xove inglés de tan só 17 anos: Thomas Sangster.
Steven Spielberg e Peter Jackson decidiron que sexa o rapazolo inglés Thomas Sangster (Love Actually, A derradeira lexión) o que faga o papel do clásico persoaxe na primeira das películas que pretenden rodar, xa que se todo vai ben, tamén fará as outras dúas da proxectada triloxía.
Seica Sangster xa estivo en Los Angeles traballando na preprodución cos dous directores e tamén con Andy Serkis, que interpretou a Gollum en O Señor dos Aneis e que nesta triloxía dará vida ao Capitán Haddock.
Tamén se soubo que no filme se utilizará animación en 3D e a tecnoloxía de captura de movemento, coma fixo Robert Zemeckis con Beowulf.
A rodaxe da primeira entrega de Tintín comezará en outono e seica será o mesmo Spielberg quen a dirixirá (a estrea estaría prevista para 2009), co guionista Steven Moffat (The office). Peter Jackson fará-se cargo da segunda, ainda sen data. Da terceira, non se sabe ren ainda.
Os rumores apuntan a que se cadra a história baseará-se en O Segredo do Unicórnio, á que seguiría a súa continuación no cómic O Tesouro de Rackham o Vermello. Ainda que se trata de dúas das millores histórias de toda a série, moitos fans seguen soñando con ver outros títulos coma Tintín no Tíbet, O loto azul, Aterraxe na lúa ou O templo do Sol.