Os prémios Nebula 2008

0
186

Un prémio NebulaOs prémios Nebula, xunto aos prémios Hugo, son os galardóns mais prestixiosos do mundo da ciéncia-ficción e mais a Fantasía, e conceden-se pola Asociación de Escritores de Ciéncia-Ficción e Fantasía dos Estados Unidos. A pasada fin de semana (24-26 de abril) entregaron-se os galardóns correspondentes ao 2008 e os gañadores foron:

Millor Novela: Powers, de Ursula K. Le Guin
Millor Novela Curta: The Spacetime Pool, de Catherine Asaro
Millor Relato: Pride and Prometheus, de John Kessel
Millor Relato Breve: Trophy Wives, de Nina Kiriki Hoffman
Millor Guión: WALL-E, de Andrew Stanton e Jim Reardon. História orixinal de Andrew Stanton e Pete Docter.
Prémio Andre Norton: Flora’s Dare: How a Girl of Spirit Gambles All to Expand Her Vocabulary, Confront a Bouncing Boy Terror, and Try to Save Califa from a Shaky Doom (Despite Being Confined to Her Room), de Ysabeau S. Wilce.

Ademais concedéron-se as seguintes mencións:

Premio Solstice (ficción especulativa): A. J. Budrys, Marty Greenberg, Kate Wilhelm.
Premio Author Emerita (autor senior): M.J. Engh.
Premio Damon Knight Memorial Grand Master (recoñecemento a toda unha traxectória dentro do xénero): Harry Harrison
Premio Ray Bradbury: Joss Whedon, polos seus méritos como guionista para cinema e televisión.