J.J. Abrams na Torre Escura?

0
182

A Torre EscuraO director de Star Trek, J.J. Abrams, e mais o seu pareceiro nas labouras de produción, Damon Lindelof (Perdidos), veñen de revelar que estiveron a traballar nunha adaptación para o cinema da saga de novelas de Stephen King A Torre Escura.

Damon Lindelof e mais eu falamos co señor King“, dixo Abrams á prensa. “Temos os dereitos cinematográficos para a Torre Escura. Damon está aínda obviamente con Perdidos, e estivemos a traballar xuntos en Star Trek. En canto Perdidos remate, espero que podamos retomar as nosas conversas“.

Mentres que Perdidos estáa rematar coa súa penúltima tempada e se prepara para o seu sexto e derradeiro ano de emisión, Lindelof desvelou que a súa enerxía creativa por completo está adicada á popular série de televisión.

Estamos tan centrados en rematar Perdidos que é realmente difícil pensar noutra cousa“, dixo. “A derradeira cousa na que quero pensar agora é como adaptar unha saga de sete libros de quen é básicamente o escritor a quen mais admiro e facer algo con todo iso. Coido que é unha tarefa xigantesca. E xa temos tarefas xigantescas abondo coas nosas“.

Anteriormente, Lindelof revelara que que ten previsto facer coa Torre Escura algo semellante ao que fixo Peter Jackson co Señor dos Anéis, e posíbelmente facer sete películas para que encaixen cos sete tomos da saga de King.