Nispel capitaneará o Demeter

0
188

A derradeira viaxe do DemeterO director Marcus Nispel (Venres 13) está en conversas para se encargar da realización do filme de vampiros The Last Voyage of Demeter para a Phoenix Pictures, con Mike Medavoy, Arnie Messer e Brad Fischer na produción.

A história, escrita por Bragi Schut Jr., está baseada no famoso capítulo da novela de Bram Stoker Dracula no que se describe a chegada do conde a Inglaterra a bordo dun barco mercante que remata por se esnaquizar contra as rochas de Whitby coa tripulación desaparecida e o capitán morto e atado ao timón.

Stoker narra a história a través do caderno de bitácora do capitán, cuxa viaxe escomeza en Bulgária e vai-se facendo cada vez mais terrorífica a medida que van desaparecendo os membros da tripulación.