A Warner adaptará Death Note

0
168

Death NoteA Warner Brothers ven de se facer cos dereitos cinematográficos para adaptar a série de manga xaponesa Death Note e converte-la nun filme de acción real.

Os estudos xa contrataron aos guionistas Charley e Vlas Parlapanides para que escriban o libreto.

A história vai sobre un estudante de secundária que accidentalmente atopa un “caderno mortal” nun lugar equivocado, o que lle dá o poder de matar a quen queira, simplemente anotando o seu nome na páxina do caderno mentres pensa nesa persoa.

A série de manga, composta por 13 volumes, é un supervendas en Xapón, pero o filme baseará-se só nas tres primeiras entregas deste cómic, escrito por Tsugumi Ohba e ilustrado por Takeshi Obata para a editorial Shueisha Inc.