Ben Stiller reciclado para Used Guys

0
151

Ben StillerTres anos despois de que a Fox decidise rematar con Used Guys, a comédia futurista que ían protagonizar Jim Carrey e Ben Stiller baixo a dirección de Jay Roach, os estudos queren revitalizar o proxecto, orixinalmente centrado nun par de clons de pracer obsoletos, pero dándo-lle un toque mais de comédia romántica que de ciéncia-ficción.

Stiller está ainda por ver se regresa como protagonista, mentres que para a dirección a Fox quere contar coa equipa que fixo Little Miss Sunshine, é dicir, Valerie Faris e mais Jonathan Dayton. Reese Witherspoon podería interpretar ao persoaxe feminino principal.

A Fox paralisou este filme en maio de 2006, un mes antes de queescomezara a rodaxe, decindo que Used Guys non podería estar lista para a data de estrea por mor dos seus decorados demasiado futuristas. E por mor dos atrasos, segundo os estudos, Used Guys non podería facer-se a tempo de que Carrey e Stiller puideran volver a coincidir nas axendas. Agora se sabe que aquilo foi só unha escusa e que a Fox detivo o proxecto polo medo a que o filme non resultase rendíbel, xa que contaba cun orzamento de mais de 110 millóns de dólares, e iso mália que tanto os protagonistas coma o director chegaran ao acordo de se rebaixar os soldos.

A Stiller poderémo-lo ver axiña en Night at the Museum: Battle of the Smithsonian, que se estrea o vindeiro 22 de maio.