Jericho á procura dun novo fogar

986

JerichoCarol Barbee, produtora executiva da série post-apocalíptica Jericho, recentemente cancelada pola CBS, revelou que está a menter conversas con outras cadeas de televisión á procura dalgunha que queira seguir emitindo os episódios desta saga, ainda que sexa nalgunha por cable.

Non podo dicir demasiado sobre negociacións específicas, porque non son a única que está a ter esas conversas“, dixo Barbee nunha entrevista o pasado 24 de marzo, a víspera de que a CBS emitise o derradeiro episódio. En Galiza a série puido seguir-se a través da  canle estatal Telecinco, con non moi bós resultados de audiéncia, pero nos Estados Unidos, cando foi cancelada a primeira vez, a CBS recebiu unha chea de mensaxes rogando que a repuxesen, cousa que ao cabo aconteceu.

Se Jericho non consigue acomodo nalgunha coutra canle, Barbee dixo que poderían tentar dar-lle vida dalgún outro xeito: “Definitivamente, hai unha série de Internet que hai que facer, e sempre falamos sobre unha novela gráfica, e… unha película“.

Pero o tempo está a se rematar. Jericho pechou a súa segunda tempada en novembro, xusto cando escomezou a folga de guionistas. Dende aquela, o reparto e a equipa de rodaxe ficaron libres para outros proxectos, os decorados da série ficaron desmantelados ou destruídos e a mesma Barbee foi enviada a outra série, Swingtown, creada por Mike Kelley, e que se vai rodar no mesmo plató onde se facía Jericho.