Peter Dinklage en Xogo de Tronos

0
184

Peter DinklageTom McCarthy será o director do episódio piloto para unha nova série fantástica da canle HBO titulada Game of Thrones, e na que Peter Dinklage, protagonista de The Station Agent, contará cun papel estelar.

Baseada na primeira das novelas da famosa saga fantástica de George R.R. Martin Canzón de Xelo e Lume, este episódio piloto foi descrito como unha épica loita de poder ambientada nun xigantesco e violento reino de fantasía. Dinklage interpretará a Tyrion, o irmán da raíña, e que é tratado como un estranxeiro por mor do seu reducido tamaño.

Game of Thrones (Xogo de Tronos) marcará asemade o debut como director na televisión para Thomas McCarthy, un actor que escribiu e dirixiu xa dúas longametraxes, o filme de 2003 Station Agent e mais o de 2007 The Visitor, que lle proporcionaron senllos prémios Indie Spirit.