A secuela de Lobeto xa en marcha

0
195

DeadpoolO grande éxito de X-Men Origins: Wolverine (mália a filtración en Internet do filme antes da súa estrea) está a lle poñer ideias na cabeza aos xefes da Fox, e unha delas é a de facer unha secuela baseada nun dos persoaxes que aparecen no filme, concretamente Deadpool, o mercenário que interpreta Ryan Reynolds.

Os fans que xa miraron o filme relembrarán unha das dúas escenas que acontecen despois de remataren os títulos de crédito: nunha delas aparece Deadpool e noutra aparece Lobeto en Xapón, o que dá pé a pensar que xa se está a preparar unha continuación deste filme.

Reynolds está vencellado por contrato a repetir o seu papel para esta secuela que polo de agora só leva o nome de traballo de Deadpool. Lauren Shuler Donner e mais a Marvel Studios serían os produtores.

Deadpool é coñecido coma “o mercenário con boca”, un persoaxe que grazas a Reynolds está á altura da súa reputación en Wolverine até o final, cando o filme se desvía do persoaxe dos cómics e lle outorga superpoderes que lle calan a boca.

Polo de agora sábe-se que Reynolds retomaría o poder de ser un lingoreta, e que o filme regresaría ás orixes do persoaxe coñecido polo seu tón irónico e mais a súa propensión de se dirixir ao público. O persoaxe tamén resultou desfigurado en Wolverine, ainda que agora non teñen moi claro o que facer coa face de Reynolds.

O proxecto polo de agora non ten guionistas.