Katie Holmes non teme á escuridade

0
151

Katie HolmesA actriz americana e esposa de Tom Cruise Katie Holmes protagonizará a nova película producida por Guillermo del Toro e titulada Don’t Be Afraid of the Dark (Non teñas medo da escuridade).

O filme está baseado nun arrepiante telefilme de 1973. A protagonista é Sally Farnham (Katie Holmes), unha rapaza que xunto a seu pae e mais o seu mozo se trasladan á da súa avoa recén falecida. Alí atoparán que a cheminea dunha das habitacións foi selada.

O lugar é unha porta a outro mundo habitado por unhas diabólicas criaturas que, ao seren ceibadas, intentarán apoderar-se da rapaza. Don’t Be Afraid of the Dark sinificará o debut na longametraxe de Troy Nixey, un creador de cómics e que até agora só realizou a curtametraxe Latchkey’s Lament.

Tamén é ún dos novos talentos, ao igual que o barcelonés Juan Antonio Bayona, que apadriña o mesmo del Toro en Hollywood. Producida para a Miramax Films, a rodaxe está prevista que empece este verán en escenários de Melbourne, seguindo a adaptación do guión que coescribiu o director mexicano.

O telefilme orixinal dos setenta contou como protagonista con Kim Darby.