Keanu Reeves será o doutor Jekyll

0
181

Keanu ReevesA Universal vai desenvolver una moderna volta de rosca da clásica novela de terror O estraño caso do Doutor Jeckyll e Mr. Hyde, con Keanu Reeves vencellado ao papel protagonista e Justin Haythe (Revolutionary Road) escribindo o guión.

Nicolas Winding Refn está en negociacións para se encargar de dirixir este proxecto, titulado Jekyll. Na produción estarán Erwin Stoff e mais Douglas Wick e Lucy Fisher da Red Wagon Entertainment.

O relato de Robert Louis Stevenson sobre un médico que desenvolve un procedemento científico para ceibar ao seu “eu” malvado se fixo tan omnipresente na cultura popular que a frase “Jekyll e Hyde” evoca a ideia dunha persoalidade dividida. A história foi adaptada á pantalla grande, á televisión e mais ao teatro dúcias de veces, incluindo xéneros coma a comédia, o infantil ou mesmo a confusión de xéneros (Dr. Jekyll and Ms. Hyde, 1995). En 2007 a BBC emitiu unha minisérie ambientando a história no Londres presente.

Os detalles do argumento para esta nova adaptación polo de agora son secretos.

A Universal ten tamén prevista unha adaptación distinta, que levará a cabo Guillermo del Toro, ainda que moi posíbelmente cun tón moi diferente.

Del Toro, que ten un gusto polo terror gótico e polas criaturas fantásticas, ten previsto non sairse moito do guión do orixinal de Stevenson. O seu proxecto está, iso si, ainda por definir, xa que o cineasta ten moitas outras prioridades, e entre elas rematar O Hobbit, que posíbelmente lle leve os vindeiros cinco anos.