Station, terror no espazo

0
189

StationA CBS Films ven de adquirir os dereitos sobre Station, unha minisérie de cómic de ciéncia-ficción editada pola Boom! Studios.

O proxecto axuntará unha vez mais ao guionista de Eu, Robot Jeff Vintar e mais ao produtor Laurence Mark, que será o encargado da produción xunto aos cofundadores de Boom! Studios Andrew Cosby e Ross Richie.

En Station, cinco nacións enviaron aos seus millores astronautas para que traballen na primeira estación espacial multinacional. Pero cando un deles morre, o resto do persoal escomezará unha carreira contra o tempo para descubrir se foi unha sabotaxe, un accidente ou un asasinato.

O cómic foi creado e escrito por Johanna Stokes e conta con ilustracións de Leno Carvalho.