Aparicións na Dark Castle

0
186

Unha casa enmeigadaA Dark Castle ven de contratar a Todd Lincoln para que escriba o guión e dirixa The Apparition, unha película sobre casas enmeigadas baseada supostamente en feitos reais, para a empresa de produción de Joel Silver.

Os detalles do proxecto, que procede dunha odeia orixinal desenvolta por Lincoln, o executivo da Dark Castle Alex Heineman e mais o produtor Daniel Alter, ainda fican no segredo.

The Apparition suporá o segundo proxecto común de Lincoln e Alter para a Dark Castle (unha filial da Warner Brothers) que se anúncia en menos dun mes. O anterior fora o thriller de ciéncia-ficción The Nye Incidents, baseada na novela gráfica de Whitley Strieber e Craig Spector.

Alter tamén conta no seu haber cunha adaptación de Jonny Quest pendente de escomezar a se desenvolver na Warner co produtor Adrian Askarieh.