King e Fillo

956

Stephen King e Joe HillOs escritores supervendas Stephen King e mais o seu fillo Joe Hill colaborarán xuntos nun relato longo que levará por título Throttle e que aparecerá nunha próxima anoloxía que servirá para honrar ao autor de Eu son Lenda, Richard Matheson. Esta será a primeira colaboración entre o pai e mais o fillo.

A antoloxía, que levará o título de El é Lenda, é un tributo persoal a Matheson e tamén contará coa súa colaboración. A escolma incorporará novos relatos ambientados en mundos creados nas novelas de Matheson.

A colaboración King/Hill, Throttle, estará ambientada no mesmo mundo do relato de Matheson Duel, que xa foi adaptado nun telefilme por Steven Spielberg.

Outros famosos que tamén prestarán a súa pluma para esta antoloxía serán o mesmo fillo de Matheson, Richard Christian Matheson, así coma F. Paul Wilson, Joe Lansdale, Whitley Strieber, William F. Nolan, Gary Braunbeck, Thomas Monteleone, John Shirley e Ed Gorman. Ademáis contará cunha iontrodución de Ramsey Campbell.

El é Lenda tamén incluirá material orixinal de Matheson, concretamente un guión para o filme Conjure Wife (baseado na novela de Fritz Leiber), que escribiu en colaboración co recentemente finado Charles Beaumont. O filme foi distribuido co título de Night of the Eagle (e tamén co de Burn, Witch, Burn!).

A antoloxía aparecerá en febreiro de 2009, cunha edición de luxo de 750 exemplares asinados por todos os escritores que contribúen nela (agás Matheson), e outra edición de 52 exemplares que tamén asinará o mesmo Matheson.