Unha mamá terrorífica

0
176

MamáA Universal desenvolverá a história de terror Mamá, un proxecto no que debutará o director de anúncios Andres Muschietti, e que contará posíbelmente (está pendente das negociacións) o director de Hellboy e O Hobbit Guillermo del Toro, que será o mentor destas dúas novas promesas.

Andy e Barbara Muschietti están a escribir a adaptación do guión en inglés a partir dunha curtometraxe orixinalmente realizada en España en 2008 e titulada Mamá. Andy será o director e Barbara a produtora. Se finalmente del Toro acepta este novo proxecto, será dun xeito moi semellante ao que fixo cando lle abriu as portas de Hollywood a Juan Antonio Bayona con O Orfanato.

O argumento desta adaptación está ainda por se definir, pero a curta orixinal ía sobre duas nenas, Victoria e Lily, que están a fuxir dunha aparición pantasmal dunha muller que di ser a súa nai. O orixinal conta cun tón de terror gótico moi semellante ao que realizou Bayona en O Orfanato.

Nun dos finais da curta de tan só tres minutos (e que de feito conta con dúas secuéncias finais alternativas), a pantasma da nai é aparentemente derrotada, pero a costa de que unha das nenas se converta nun espectro. Os que tiveron a asorte de poder ver o orixinal din que contén non só elementos de terror, senón unha loita interna das nenas, xa que a pantasma é ao mesmo tempo a nai, a persoa que cuida das nenas.