Novo proxecto de Balagueró

0
192

Jaume BalagueroA produtora e distribuidora Filmax ven de anunciar que Jaume Balaguero, o codirector xunto a Paco Plaza de [Rec] e mais da sua segunda parte, que se estreará a finais de ano, rodará un thriller de terror titulado Flatmate.

Será o quinto filme que dirixirá o cineasta catalán en solitário, e tamén a sua segunda colaboración con Alberto Marini, guionista de Fráxiles. A trama terá lugar en New York e contará cun orzamento de 12 millóns de euros.

Ainda non se revelou cales poderian ser os seus intérpretes, pero moi probabelmente terá un reparto internacional, como en anteriores filmes de Balagueró.

Por exemplo, Calista Flockhart foi a protagonista de Fráxiles, ou Anna Paquin e Lena Olin as de Darkness, que ademais foi un pequeno éxito surpresa no despacho de billetes dos Estados Unidos cando se estreou en decembro de 2004.

O proxecto dará-se a coñecer no decurso do Mercado do Festival Internacional de Cinema de Cannes que xa deu comezo, considerada como a millor plataforma para a compra e venda de filmes.