Ian McKellen de novo no pel de Gandalf

826

Sir Ian McKellenAinda que estaba cantado que O Hobbit contaría con Ian McKellen meténdo-se de novo na pel de Gandalf, ainda non estaba confirmado con seguranza. Agora, o mesmo actor inglés ven de acougar aos milleiros de fans que non podían ver a este persoaxe interpretado por outro e será el quen faga o papel do meigo baixo a produción de Peter Jackson, quen seica foi a clave para que McKellen aceptara o papel.

Nombergantes, ainda non se remataron de ultimar detalles da produción tan importantes coma a dirección, ainda que, como xa saben os fans de NOVA FANTASIA, soa forte o nome de Guillermo del Toro, que podería ser unha acertada elección. Tamén hai que engadir a dificultade engadida coa difícil situación da New Line, a produtora da saga, que vai desaparecer, ainda que será absorbida pola Warner Bros.

Si, fareino, se Peter Jackson e eu temos que ver co filme, el na produción, e eu, por suposto, coma afortunado actor“, escribiu McKellen o pasado 26 de marzo. As palabras de Sir Ian McKellen na sua Web fan manter a esperanza aos amantes da saga de Tolkien na pantalla grande. Seica Jackson está decidido a encamiñar a O Hobbit a bó porto, e podería comezar a se rodar en 2009, xa que McKellen afirmou que está a deixar a súa axenda “libre para ese ano“.