Poxan un traxe de Superman que levou Christopher Reeve

0
209

Christopher ReeveUn traxe de Superman que levou o falecido actor americano Christopher Reeve será poxado en Melbourne o vindeiro 24 de maio, segundo anunciou o mércores o seu dono.

O disfrace é propriedade de Gis Moon, un afeizoado á saga que o mercou fai cinco anos en Londres e espera obter entre 11.000 e 15.000 dólares.

Os traxes de Superman raramente aparecen no mercado e están moi solicitados polos coleccionistas, e algúns venderon-se por mais de 100.000 dólares“, afirma Moon.

O disfrace non inclúe nin as botas nin a capa e foi especialmente deseñado para as escenas de voo do superheroe, con aberturas nos lados para os cabos que mantiñan suspendido no ár ao actor.

Ademais do traxe, Moon tamén ofrece os calzóns vermellos e mais o cinto amarelo que o actor levou na primeira entrega da saga, que chegara ás pantallas cinco anos antes.

Christopher Reeve, que encarnou ao Home de aceiro en catro filmes entre 1978 e 1987, ficou parapléxico en 1995 tras sofrer unha caída dun cabalo e morreu en 2004 aos 52 anos, após dunha intensa loita en prol da investigación científica con células nai.