Fantomas regresa á pantalla grande

0
201

FantomasA compañía de Thomas Langmann, La Petite Reine, está a acelerar a posta en marcha da produción de Fantomas, unha adaptación á pantalla grande da popular saga francesa de novelas de detectives. O orzamento estaría ao redor dos 50 millóns de euros.

Christophe Gans (A Irmandade do Lobo) será o encargado de escribir o guión xunto a David Martinez, a partir dunha história orixinal de Langmann. Gans será asemade o director, o que por certo retíra-o da listaxe de candidatos a facer Conan, coma se rumoreu nalgúns sítios Web.

A primeira das 43 novelas da saga de Fantomas, dos escritores Marcel Allain e Pierre Souvestre, apareceu en 1911. O seu protagonista é Fantomas, un enxeñoso pero amoral mestre do disfraz e asasino sádico. A franquía é moi popular en Franza, onde está considerada como un dos seus tesouros da literatura de ficción, e conta xa con un bó feixe de adaptacións ao cómic, á televisión e mais ao cinema.

Influenzada por O Cabaleiro Escuro, a adaptación de Gans pretende amosar a Fantomas loitando contra un malvado de iguais ou superiores dimensións. O filme rodará-se en francés e en inglés, e axiña escomezaremos a saber quen son os actores protagonistas.