A secuela de O código Da Vinci chegará en decembro de 2008

0
255

O Código da VinciColumbia Pictures quere por en marcha o antes posíbel a rodaxe de Anxos e demos, baseada, igual que O código Da Vinci, nunha novela de Dan Brown e protagonizada, tamén, polo simboloxista e investigador Robert Langdon.

A premura débe-se a que o pacto da Columbia Pictures coa WGA (Writers Guild America), a asociación de guionistas, expira a finais deste mes. Ademáis, trascendeu que a estrea fixou-se para o 19 de decembre de 2008.

Robert Langdon porá-se após da pista dunha sinistra sociedade secreta que descubriu una arma moi poderosa. Anxos e demos é, de feito, unha precuela do popular e polémico best seller de Dan Brown. Foi publicada en 2000, e é a terceira novela que escribiu, pero a primeira na que aparecía o personaxe de Robert Langdon e, polo tanto, anterior a O código Da Vinci.

A morte dun científico cuxo cadáver apareceu cunha marca de fogo no peito, fará que Langdon, coa axuda dunha xove científica italiana e oficiais da Garda do Vaticano e Suiza, escomecen as pescudas mesmo no seo do mesmo Vaticano. Após o asasinato agócha-se unha seita demoníaca denominada os Illuminati que descubriron unha poderosa arma.

O código Da Vinci recadou máis de 750 millóns de dólares nas billeteiras de todo o mundo. Os mesmos produtores dese éxito na pantalla grande, Brian Grazer e John Calley, desexan que Ron Howard repita após das cámaras e que, por suposto, Tom Hanks aceite retomar o papel do célebre catedrático de iconoloxía relixiosa.

O guión, baseado na novela orixinal de Dan Brown, será adaptado tamén por Akiva Goldsman, e a intención é empezar a rodar en febreiro de 2008.

O código Da Vinci, estreada en maio do ano pasado, tiña un elevado orzamento de 125 millóns de dólares. Pero acadou amasar 217 millónes de recadación só nos Estados Unidos e un total de 758 na billeteira mundial. Para facer unha comparanza, grandes éxitos deste verán coma Transformers ou Piratas del Caribe 3, recadaron 702 e 961 millóns de dólares respectivamente.