Segundo Jekyll e Hyde do mes

634

Forest WhitakerTan só unha semana despois de que a Universal anunciara un proxecto semellante, o director Abel Ferrara ven de declarar que está a desenvolver unha nova reinvención do clásico de Robert Louis Stevenson O Extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde, titulado Jekyll and Hyde, e con Forest Whitaker e Curtis “50 Cent” Jackson nos papeis protagonistas.

Os actores interpretarán coma é óbvio ao doutor e mais ao seu violento alter ego.

A Glasshouse Pictures de Brett Walsh e mais a Cheetah Vision Films de Randall Emmett están atrás da produción; Luc Roeg, Michael Robinson e Andrew Orr serán os produtores executivos para o selo inglés Independent.