O actor de Star Trek Chris Hemsworth seica é o gañador da partida que se xogaba por ver quen ía interpretar ao protagonista do vindeiro filme de Kenneth Branagh, a adaptación do mítico persoaxe da Marvel Comics Thor, e seica xa conta coa aprobación do xefe da Marvel Studios Kevin Feige.
Hemsworth, que ven de interpretar ao pai de James Kirk, George, no recente filme de J.J. Abrams, tamén será o protagonista como Jed Eckert no remake do director Dan Bradley de Amencer Vermello, facendo o papel que Patrick Swayze interpretara na versión orixinal. Este filme está primeiro na súa axenda antes ca Thor, segundo todas as fontes consultadas.
O australiano Hemsworth leva un ano do mais movidiño: ademais de aparecer Star Trek, está a rodar agora mesmo o filme de terror que produce Joss Whedon Cabin in the Woods.
Antes de se mudar aos Estados Unidos, Hemsworth interpretara a Kim Hyde en 171 episódios de Home and Away, unha série australiana que narra as vidas duns persoaxes na vila de Summer Bay.
Amencer Vermello ten prevista a estrea o 24 de setembro de 2010, mentres que a de Thor está para o 10 de maio de 2011.