Brancaneves de artes marciais

0
153

BrancanevesO guionista Scott Moore ven de desvelar á prensa que el mais o seu parceiro en tarefas de escribir guións Jon Lucas veñen de rematar un primeiro borrador dunha nova versión actualizada de Brancaneves e os Sete Ananiños, que leva por título Snow and the Seven.

É unha nova narración de Brancaneves situada na China colonizada polos ingleses e con sete monxes shaolíns“, revelou Moore a un grupo de xornalistas en Las Vegas o pasado domingo mentres facía a promoción do seu filme The Hangover.

Dende que remataron o borrador, xa hai vários novos guionistas tentando adaptar o guión para que poida convertir-se nun filme que protagonizaría Natalie Portman.

Supoño que están a flirtear con Natalie Portman e falaron con ela“, dixo Moore. “Están agora a facer outro borrador para o seu persoaxe cun guionista que é realmente bó manexando persoaxes. Iso é o que teño entendido verbo del“.

Alomenos o seu primeiro borrador foi bó dabondo como para que un director de primeira liña entrase no proxecto, segundo dixo Moore: “Era un guión realmente divertido, e convertémo-lo nun guión que atraiu a atención de Francis Lawrence [Eu son Lenda] e que lle emocionou. Pero nestes intres está fóra das nosas mans. Tivemos unha experiéncia realmente boa con todo iso“.

O filme Snow and the Seven podería estrear-se en 2010.