Dougherty dirixindo Robots

0
197

Michael DoughertyO co-guionista de Superman Returns Michael Dougherty ven de se asociar coa Walt Disney Pictures e coa produtora de Robert Zemeckis, a ImageMovers, en Calling All Robots, unha aventura de ciéncia-ficción en debuxos animados que o guionista planea dirixir. Dougherty usará o mesmo sistema de captura de imaxes que xa puidemos admirar no filme de Robert Zemeckis Beowulf.

Dougherty escribirá o guión xunto con Breehn Burns e Simeon Wilkins, quen ademáis traballarán coma artistas e deseñadores de escenários no proxecto. O trío concebiu a ideia xuntos.

Os detalles do proxecto ainda fican en segredo, pero a história seica será coma unha volta aos vellos filmes de Godzilla, segundo revelou Dougherty. A compañía de Zemeckis, a ImageMovers, ademáis de Jack Rapke e Steve Starkey, serán os produtores.

Dougherty recentemente dirixiu Trick ‘r Treat, un filme de terror ambientado na noite de Halloween que a Warner Brothers e mais a Legendary Pictures ían lanzar o pasado mes de outubro, pero que adiaron a este ano para evitar que fose confundido co típico filme de asasinos sanguentos que adoitan encher as carteleiras durante esas datas.