Roddenberry lanzará novo material de Star Trek

0
187

startrek1Roddenberry Productions, a empresa dirixida por Eugene “Rod” Roddenberry, fillo do creador de Star Trek Gene Roddenberry, ven de asinar un contrato de dous millóns de dólares coa Toolbox Productions para distribuir mais de 500 horas de metraxe nunca antes visto das séries de Star Trek na televisión.

A vídeoteca da Toolbox consiste en entrevistas cos membros do reparto e da equipa de produción e escenas de atrás dos escenários ao longo dos últimos 20 anos, escomezando con Star Trek: A nova xeración e continuando coas outras tres secuelas que a seguiron.

As escenas serán axuntadas para unha enciclopédia en vídeo que tratará sobre o universo Star Trek e os seus persoaxes.

Rod Roddenberry aparecerá como presentador neste paquete que amosará todo o material en formato DVD e en alta definición. As conversas cos posíbeis distribuidores ainda están a se manter polo que non hai data de lanzamento anunciada.