Daemon ao cinema

0
124

DaemonWalter Parkes e David DiGilio adaptarán a novela tecno-thriller de Daniel Suarez Daemon á pantalla grande para os estudos Paramount Pictures.

Daemon
vai sobre un mestre do deseño de videoxogos que antes de morrer crea un programa que loitará contra a humanidade. O libro apareceu nos andéis das librarías en xaneiro, pero o seu incríbel éxito fixo que xa se estea a falar dunha continuación.

A nova ten mais interese se cabe porque Parkes, un produtor de grande sona, non escribe un guión dende que en 1992 fixo Sneakers, e o outro único título de crédito onde aparece ademais é o clásico de culto de 1983 Xogos de Guerra.

Parkes e Laurie MacDonald serán os productores deste proxecto a través da súa empresa, unha filial da DreamWorks.