UFO, da tele ao cinema

0
142

ufoRobert Evans fará equipa coa ITV Global para producir unha longametraxe baseda na clásica série “camp” dos anos 70 da televisión inglesa UFO.

Evans será o produtor xunto a Avi Haas e Henri M. Kessler. Ryan Gaudet e Joseph Kanarek están a escribir o guión.

A série debutou en 1970 e durou tres temporadas, con persoaxes creados por Gerry Anderson. Estaba ambientada en 1980 e xiraba ao redor de Shado (Supreme Headquarters Alien Defense Organization), unha origanización militar secreta que loitaba contra unha raza alieníxena que levaba anos secuestrando e asasinando seres humanos, e logo usando os seus cadáveres.

O cuartel xeral da Shado se facía pasar por uns estudos de Hollywood, e o xefe dos estudos era en realidade do comandante da Shado. O filme estará agora ambientado no ano 2000.