Steven Spielberg nunha série de áliens

0
172

Steven SpielbergA TNT ven de ordear a produción dun episódio piloto para unha nova série ainda sen título pero que conta co apoio da DreamWorks TV e con produtores executivos da talla de Steven Spielberg, Justin Falvey, Darryl Frank e Robert Rodat.

A série estaría ambientada nun futuro próximo, tan só seis meses despois de que se produxera a invasión da Terra por uns seres alieníxenas. Rodat, o guionista de Salvar ao Soldado Ryan, está a escribir o guión do episódio piloto, baseado nunha ideia que el mesmo creou xunto a Spielberg.

Esta non é obviamente a primeira aproximación aos extra-terrestres de Spielberg, pero a última vez que o fixo na televisión foi na série de 2202 Taken, gañadora dun prémio Emmy.

Pola súa banda, a ABC tamén está a desenvolver unha série de invasión de extra-terrestres de seu, o remake do clásico dos anos 80 V.