Volve o vóo do Navigante

0
191

O voo do naviganteA Disney ten pensado facer un remake do seu filme de 1986 de ciéncia-ficción Flight of the Navigator (O vóo do navigante), e paralelo xa conta con Brad Copeland para escribir o guión. O remake será producido polos parceiros da Mandeville David Hoberman e Todd Lieberman.

O filme orixinal narrabaa história dun rapaz de 12 anos que era abducido por unha nave espacial extra-terrestre en 1978 e que reaparecía oitos anos mais tarde, ainda coa mesma idade pero sen recordos do que lle aconteceu. Os científicos da NASA descubren unha conexión entre o rapaz e unha nave que se estrelara anteriormente e tentan explotar as novas habilidades do rapaz, que fuxe na astronave e tenta reunir-se coa súa família.

O filme recadara tan só 17 millóns de dólares nos despachos de billetes cando se estreou, pero posteriormente obtivo moito éxito grazas ao vídeo, chegando a se converter nun clásico do cinema dos 80.

Copeland é o autor do guión de Wild Hogs (Porcos Salvaxes) para a Disney e arestora está a escribir o libreto de Nightcrawlers para a Warners.