Filme de Buffy sen Buffy

0
167

Buffy e mais os seus amigosXa está en preparación unha nova reencarnación de Buffy Cazavampiros para a pantalla grande, pero olliño, porque esta nova versión non inclúe ao creador da série Joss Whedon, seica non terá conexión coa série da tele e por riba non sairán os seus principais persoaxes: Angel, Willow, Xander ou Spike.

A cuestión é que o filme, que será desenvolvido por Roy Lee e Doug Davison da Vertigo Entertainment e Fran Rubel Kuzui, a directora do filme orixinal de 1992 Buffy the Vampire Slayer, e mais o seu home Kaz Kuzui, será chamado remake ou relanzamento, pero nin secuela nin precuela.

E todo porque Kuzui e mais a súa empresa, a Kuzui Enterprises, teñen os dereitos sobre Buffy dende o comezo, cando ela descubriu o guión de Buffy que escribira o daquela descoñecido Whedon. Kuzui desenvolveu o guión mentres o seu home puxo os cartos para financiar o filme, que pasou en pena nen glória polas pantallas en 1992 baixo a distribución da Fox.

Kuzui mais tarde aliou-se con Gail Berman, daquela presidente da Sandollar Television, e trouxo de volta a Whedon para que fixera a série de televisión, que foi producida pola Fox e emitida pola canle da WB en 1997 (mais tarde mudou-se á UPN). Kuzui e Sandollar recebiron cretos como produtores executivos sobre Buffy e mais a súa secuela, Angel.

Polo de agora as partes mantiveron xuntanzas detraballo e están á procura duns estudos que fagan o proxecto. Os produtores non contan coa intervención de Whedon pero polo de agora tampouco se puxeron en contacto con el.