Terrorífico Van Damme

0
183

Van DammeTodo semella indicar que o saco de músculos mais famoso de Bruxelas, que responde ao nome de Jean-Claude Van Damme, após de disfrutar dun relativo pero abraiante éxito polo seu filme autobiográfico JCVD, tentará un achegamento a un novo xénero cinematográfico que polo de agora non tentara: o terror.

Este verán farei un novo filme cun director famoso, titulado Weapon. Após diso farei un filme de terror que se chamará The Breed. É unha grande história, un grande guión con auténtica emoción. Quero amosar-lle aos meus fans que podo transformar-me. Quería facer un filme de terror dende hai anos pero os guións eran frouxos e non tiña director“, revelou Van Damme. “Breed é diferente, está ambientado nunha vila onde acontecen cousas extrañas, xa sabedes, deixemos que o filme fale por si mesmo!“.